Lobios invita a música, ecoloxía e contacontos no “Aldearmos”

Noemí Vázquez, Elena Rivo, Jacobo Sutil y Óscar Penín.
photo_camera Noemí Vázquez, Elena Rivo, Jacobo Sutil y Óscar Penín.

A parroquia de Grou, no concello de Lobios, protagoniza hoxe unha nova cita de “Aldearmos”, cunha proposta ecoloxista de Nadal ao redor da tradición oral organizada pola Rede Aldear. Veciños e visitantes do pobo poderán desfrutar dunha xornada de ocio en familia para dar a coñecer “máis e mellor” o rural galego.

A programación arrancará ás 10,30 horas na Casa do Parque de Grou, cunha presentación da Rede Aldear. A continuación, e no mesmo espazo, Anxo Moure será o encargado de falar sobre “A universidade das árbores: como sementar milleiros de árbores” primeiro e, ás 12,45 horas, do contacontos “Pel de Lobo. Un lobo de aldea”.

A través do colectivo MiraXurés deseñouse unha andaina que, a partir das 11,15 horas e previa inscrición, percorrerá o entorno do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés seguindo a Ruta das Capelas. Pola tarde proseguirá o festival de narradores no bar Stop co contacontos de Uxía Morán ás 17,30 horas e, de seguido, o concerto “Cantos animais” de Susa Herrera.

“Aldearmos” é unha iniciativa da Rede Aldear, que conta co apoio económico e técnico do Campus de Ourense e co financiamento da Axencia Galega das Industrias Cullturais (AGADIC), a través de fondos Territorio Cultura que fan parte dos NextGeneration, destacando nesta ocasión o seu agradecemento ao Concello de Lobios a súa colaboración.

Te puede interesar