Os traballos inclúen a rehabilitación dunha vivenda, un forno e unha aira

Os montañeiros de Arnau promoven un complexo etnográfico na Regada, Lobios

Unha imaxe do conxunto de casas que conforman o núcleo da Regada, no concello de Lobios.  (Foto: Eva Domínguez)
A rehabilitación dunha vivenda como bibioteca e sede social da Asociación de Montaña Arnau lidera o proxecto de creación dun complexo etnográfico na zona da Regada, no Concello de Lobios, que inclúe o acondicionamento dun forno e unha aira comunal como espazos recreativos. A iniciativa, que conta cunha subvención do Parque Natural, ten o respaldo da única familia residente.
Os membros da Asociación de Montaña Arnau iniciaron os traballos que permitirán a creación dun complexo etnográfico na Regada (Concello de Lobios), dentro dos límites do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. ‘Fai uns anos mercamos unha vivenda neste núcleo, ubicado nas faldas da serra e preto das rutas de senderismo, e iste ano comezamos a súa recuperación para acoller a sede social da asociación’, explica o miembro de Arnau, Rubén Perdiz, quen señala que ‘ademais dun lugar de encontro para os mem bros da asociación, queremos crear un espazo aberto a charlas e conferencias, cunha biblioteca etnográfica que dispoña de fondos documentais sobre a Baixa Limia, o mundo da montaña, así como os traballos tradicionais galegos’.

Intensa actividade O obxetivo de Arnau pasa por dinamizar o núcleo ca rehabilitación dun forno e unha aira comunal para reconvertila nun área recreativa. ‘En colaboración ca Asociación de Veciños, presidida pola única familia que reside no lugar, solicitamos unha subvención ao Parque do Xurés, e xa concluímos a primeira fase dos traballos de rehabilitación do forno’, señala Rubén Perdiz.

A asociación de montaña, que conta con 35 socios, participa activamente na publicación de textos e guías sobre a Baixa Limia, ademais de organizar diversos roteiros coma a travesía anual polo Gerês, prevista para o vindeiro mes de maio, ‘a cal lle seguirá a segunda edición da Camiñata pola Vía Nova romana e a Rota do Santo Frai Gonçalo Coelho entre a Cela e Pitóes, na que compartimos unha xornada de encontro cos portugueses’, añade Perdiz.

Te puede interesar