baixa limia

Unha obra teatral aborda a historia do Couto Mixto

Xosé Manuel Cid, Rosendo Fernández e Mary González.
photo_camera Xosé Manuel Cid, Rosendo Fernández e Mary González.

A representación coincidirá coa elección dos xuíces honorarios en Santiago de Rubiás

A tradicional celebración do nomeamento dos xuíces honorarios do Couto Mixto contará este ano cunha obra teatral que percorrerá a singular historia deste territorio, que permaneceu independente das coroas de España e Portugal durante varios séculos. Xa o ano pasado, a iniciativa conseguir concentrar a máis de 200 persoas na igrexa de Santiago de Rubiás, lugar onde se cada ano se celebra este acto en recoñecemento do territorio, enmarcado no parque natural do Xurés. Así o explicaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o representante da asociación Amigos do Couto Mixto, Xosé Manuel Cid, e a representante da compañía Platea Lúa, Mary González.

A representación terá lugar este sábado ás 13.30 horas, coincidindo coa finalización do acto de elección dos xuíces honorarios. Serán uns 20 minutos nos que catro personaxes expliquen a historia do lugar valéndose da interpretación. A actividade, que conta co apoio da Deputación Provincial, forma parte das iniciativas amparadas no proxecto Geres-Xurés Dinámico.

Te puede interesar