A plataforma pola Baixa Limia celebra asamblea e busca directiva

O colectivo fixo fincapé de novo na marxinación que supón a paralización da vía rápida entre Verea e Lindoso

A Plataforma para o Desenvolvemento da Baixa Limia (Plabali) celebrou asamblea xeral, para dar conta da actividade que desenvolveu ao longo de 2016 e renovar a directiva. Este segundo aspecto quedou no aire, xa que ningúen se decidiu a dar o paso para asumir o relevo.

A plataforma está presidida na actualidade por Lisardo Fernández, de Entrimo, e integra a vocais de todos os concellos da Baixa Limia. Segundo explicaba Lino Perdiz, portavoz de Plabali, "ninguén dos presentes amosou interés" por asumir esta responsabilidade, polo que se abriu un periodo de 40-60 días para convocar unha nova asamblea, co fin de que "outras persoas poidan insuflar novos aires, xa que os actuais directivos xa levan no cargo máis de catro anos".

A asamblea aprobou as contas do exercicio de 2016, que presentaron un superavit de 700 euros. No turno de rogos e preguntas, a directiva expuxo a entrega aos catro grupos parlamentarios galegos das reclamacións da comarca, acompañadas por duas mil firmas, subliñando que ata o momento só PSdeG e En Marea amosaron interés polos asuntos plantexados. Un deles, a marxinación da comarca ao manterse paralizada a vía rápida entre Verea e Lindoso, "unha pequena obra de 15 millones de euros", mentres se siguen acometendo custosas infraestruturas noutras zonas, como o desdoblamento de Rande a Cangas, a vía Carballo-Vimianzo-Cee, a de Saria a Nadela ou o corredor do Cantábrico na zona de Viveiro.

Plabali tamén analizou con estes grupos o proxecto de trasvase entre os embalses de As Conchas e Salas, facendo fincapé nas numerosas alegacions presentadas tanto por Plabali como por concellos da zona e veciños en xeral, dirixindo a Plataforma os seus esforzos a que se atendan as reclamacións.

Te puede interesar