ELECCIONES MUNICIPALES

Ramón Alonso aspira á súa reelección en Entrimo

O actual rexedor preséntase por quinta lexislatura consecutiva ca intención de renovar a confianza da veciñanza

O PSdeG PSOE de Ourense confirmou onte como candidato á alcaldía de Entrimo a Ramón Alonso López. O actual rexedor preséntase por quinta lexislatura consecutiva ca intención de renovar a confianza da veciñanza "nun proxecto que lle deu a Entrimo un importante pulo en servizos básicos, sociais, culturais e turísticos", segundo sinala o PSOE nunha nota de prensa.

Ramón Alonso explica que o traballo feito nos últimos anos permitiu dar ó concello "un importante pulo ós servizos básicos que afectan a poboación en temas de abastecementos, alumeado público, saneamento, en resumo, en todo o que eran servizos prioritarios fíxose o traballo de arranxo e acondicionamento". Alonso destaca que "na rede viaria exactamente igual, dando unha volta as estruturas imprescindibles na vida cotiá". Tamén di apostar "por darlle difusión ó concello coma un destino turístico diferenciado, específico, cun encanto propio e que se está pouco a pouco conseguindo".

O actual rexedor socialista indica que "nas políticas sociais fíxose un esforzo enorme tanto en cubrir todas as demandas de dependencia e de atención primaria e tamén en ir rehabilitando vivendas". 

Te puede interesar