Recreación histórica e noite romana en Bande

Vista dende o ceo do campamento romano de Aquis Querquennis.
photo_camera Vista dende o ceo do campamento romano de Aquis Querquennis.

En Porto Quintela, no Concello de Bande, a só 8 km. da capital do municipio, localízase o complexo arqueolóxico romano Aquis Querquennis, en pleno corazón do parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés,  Reserva Mundial da  Biosfera e parque transfronteirizo. O espectacular campamento romano de Bande creóuse sobre os anos 69-79 d.C. Parece que a súa vida útil só durou uns 50 anos e non chegou máis aló do reinado de Trajano, 98-117 d. C.

Este ano haberá unha recreación histórica romana en Aquis Querquennis, do 22 ao 24 de xullo. A Asociación Cultural de Recreación Histórica Legio IIII Macedónica e os Recreadores de Galicia Antiquis Maris e Clan de Breogán serán os encargados de recorrer a Vía Nova ata Aquis Querquennis. A noite do 29 de xullo, no campamento romano haberá unha visita teatralizada pola Asociación Cultural Platea Lúa e unha cea romana (todos deberán estar vestidos de romanos) ás 21,00 horas. Esta cea será entretida polo funambulista Simplemente Enricco co espectáculo “Lume”.  Esta velada costa 20 euros por persoa e poderase incribir calqueira que queira ir. As entradas estarán a venta nas oficinas do concello de Bande con horario de 09,00 horas ás 14,00 horas.

As intervencións levadas a cabo ata o día de hoxe permiten diferenciar o campamento militar, un dos máis importantes, escavados, na península ibérica. Tamén hai termas, situadas nunha paraxe de indubidable beleza que convidan á relaxación. Atravesa o lugar a Vía Nova ou Vía  XVIII, calzada romana principal, que unía Braga e Astorga. A escasos metros do xacemento atópase o Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova, punto de recepción e información sobre os citados recursos. Alberga así mesmo, o museo da  Quarquernia.


O campamento romano de Bande, descrito por dentro

Estamos ante un gran campamento amurallado de planta máis ou menos cadrada con catro torres e un foso de protección. O foso ten catro metros de profundidade e só prescinde del nas catro entradas do campamento. O intervallum ou vía perimetral interior, duns 11 metros de anchura, separaba a muralla das construcións interiores. O obxectivo non era outro que defensivo, para evitar danos no caso dun ataque con dardos incendiarios ou ofensivas similares.

No centro do recinto atopámonos co Principia, ou barraca xeral, onde se situaba o templo da disciplina militar. Contaba cunha superficie total de 1.200 metros cadrados nós que se atopaban un pórtico, un foro, a basílica e a área sacro/administrativa. Ata a data escaváronse cinco barracóns da tropa e un sexto parcialmente. Todo apunta a que a planta é igual en todos eles. O barracón de tropa tería un patio interior sobre o que correría a auga da choiva. Eran campamentos fortificados.

Te puede interesar