BAIXA LIMIA

Un roteiro lembrará en Muíños ós fuxidos da Guerra Civil

Os participantes visitarán castro leboreiro e coñecerán as casas que lles serviron de escondite

O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia celebrará a segunda edición do "Roteiro dos fuxidos" o vindeiro 28 de xullo. Baixo o nome "Escapando da morte", os participantes percorrerán as "bravas terras" de Castro Leboreiro, unha poboación situada na parte portuguesa do parque natural do Xurés. A ruta partirá de Mugueimes, en Muíños ás 09,30 horas para, arredor dunha hora máis tarde, chegar ó marco número 5 da fronteira da Ameijoeira. Alí, ademais de coñecer a raia que separa Galicia e Portugal, os participantes terán oportunidade de visitar algunhas das casas nas que se esconderon os refuxiados que escapaban da Guerra Civil e do posterior réxime franquista. 

Cara ó mediodía, celebrarase unha comida popular na pena Anamán, lugar onde se producían moitos dos intercambios de estraperlo tan habituais na época da posguerra. O grupo aproveitará a tarde para coñecer o patrimonio local e gozar da natureza da zona, así como percorrer os pasos de personaxes populares da zona. O historiador Américo Rodrigues será o encargado de actuar como guía da xornada, que ten por obxectivo lembrar a hospitalidade do pobo transfronteirizo con aqueles que fuxían da guerra e da dictadura de Franco. Os interesados poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico "[email protected]".n

Te puede interesar