baixa limia

Val do Limia vén de publicar unha lista con 25 represaliados

O Comité ten rexistradas a oito víctimas de Entrimo, sete de Bande, cinco de Lobeira, catro de Muíños e unha de Lobios

O Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia vén de publicar unha lista cos 25 nomes das persoas represaliadas durante a Guerra Civil na comarca e ás que lles renderá homenaxe o vindeiro 14 de setembro coa inauguración dun monumento pola súa memoria. Segundo recollen dende o colectivo, estas persoas "as temos constatado documentalmente como víctimas do fascismo", se ben consideran que "a lista é incompleta" posto que "a represión foi brutal".

Polo de agora, o Comité ten rexistradas a oito víctimas de Entrimo, sete de Bande, cinco de Lobeira, catro de Muíños e unha de Lobios. Todos eles perderon a vida entre os anos 1936 e 1942. Na súa honra, o 14 de setembro inaugurarase un monolito realizado polo artista Diego Currás, tamén coñecido como "O Rixón". Será na curba da Fontaboa, na estrada OU-1201, que conecta os núcleos de Nigueiroá e Xordos, en Bande.

Te puede interesar