CONCELLO

Veciños de Entrimo esixen unha pasarela peonil

Concentración dos veciños na Ponte Nova.
photo_camera Concentración dos veciños na Ponte Nova.
Para pedir un arranxo houbo una concentración de veciños de Casal, Galez e Terrachán

A asociación de veciños do Casal, en Entrimo, reivindican que a Ponte Nova sexa peonil. Desciben que vai para dous anos que a Deputación substituiu as barandillas existentes na ponte sobre o río Casal por outras "que ocupan totalmente as pequenas beirarrúas existentes", obrigando deste xeito a que os peóns teñan que pasar polo mesmo sitio que os coches, "co grave risco que isto supón para a súa integridade física", segundo explican nunha nota.

Para pedir un arranxo houbo una concentración de veciños de Casal, Galez e Terrachán para esixir un arranxo a este vial "e para recordarlle ás autoridades responsables que queremos unha solución antes de que alguén resulte atropelado", sinalan. 

Te puede interesar