PROMOCIÓN

O xacemento romano de Aquis, en Bande, acolleu un día de portas abertas

Bande_result
photo_camera Participantes na día de portas abertas do xacemento romano.

Participaron na mesma hoteleiros, restauradores e empresas relacionadas co mundo do turismo

O centro de interpretación do campamento romano Aquis Quequennis de Bande acolleu o pasado mércores unha xornada de portas abertas. Participaron na mesma hoteleiros, restauradores e empresas relacionadas co mundo do turismo procedentes das comarcas da Baixa Limia e Terras de Celanova.

O obxectivo desta xornada era darlles a coñecer as instalacións do centro, así como o campamento romano, aproveitando este amrco incomparable como un punto de encontro destas emresas e como canal de comercialización dos produtos e servizos que ofertan estes colectivos.

Ao remate das xonradas os participantes na mesma poidern degustar unha serie de produtos que próximamente estarán á venda no Mercado do Xurés, en Bande. Este Mercado estará destinado á promoción e venda de productos e servicios existentes en todo  aquel territorio da Baixa Limia, pero que tamén terá o complemento como punto de información dos recursos e cactividades que aporta cada un dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O Mercado do Xurés, de Bande, está previsto que abra as súas postas o próximo día 9 de abril, segundo sinalaba onde o alcalde de Bande, José Antonio Armada.

Te puede interesar