Turismo

O Xurés disporá de máis puntos de información

BANDE (MIRADOIRO EN XORDOS). 07/07/2018. OURENSE. Vista panorámica del Encoro das Conchas, en la Serra do Xurés. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Unha das vistas á zona do Xurés (ÓSCAR PINAL).

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar un contrato para a adquisición, instalación e mantemento de puntos de información virtual que se instalarán en cada unha das entradas galegas da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Serán pantallas LED de 32 pulgadas de tamaño e con tecnoloxía táctil e sistema de carga de información a través de USB. O importe deste contrato ascende a 41.563 euros.

Estes seis dispositivos informáticos localizaranse nas seis entradas a este espazo natural. Así, no Concello de Bande estará localizado xunto ao Centro de Interpretación do campamento Aquis Querquennis e para a súa instalación precisase unha condución exterior de cable de 15 metros de lonxitude; en Muíños situarase xunto a unha parede na entrada do Centro de interpretación "Porta do parque de Muíños" e non será necesario realizar obra para a súa instalación. No caso do Concello de Calvos de Randín este dispositivo estará localizado na fachada do concello e non precisa obra; en Entrimo, localizarase na entrada da Biblioteca municipal e, para a súa instalación será preciso dispoñer un cable de 10 metros no exterior e outros tantos para o interior do edificio

Tanto no Concello de Lobios, coma no de Lobeira, ambos dispositivos situaranse xunto á parede de entrada do Centro de interpretación "Porta do Parque de Lobios" e adosado a unha parede na entrada do centro de interpretación "Porta do Parque de Lobeira". En ambos casos non é preciso realizar obras. 

Te puede interesar