Aberración na aldea de Faramontaos de A Limia

Diríxome a vostedes, para expresar ‘algo’, que tiña moitas ganas de dar a ver, e que sexa de dominio público. Aínda que vivo entre Lugo e Ourense, os meus orixes están na comarca de A Limia.
E ahí, nunha aldea chamada Faramontaos, cometeron as ‘autoridades’ unha aberración..., si, unha aberración. Non atopo un nome máis apropiado.
¿Cal é tal aberración? Pois nin máis nin menos que desmontar unha ponte da época franquista para sustituila por unhas ‘vigas’ mal postas. Coa ‘nova’ ponte, estragouse unha zona de baño de toda a vida. Todo por ter dous carris, en vez de un. Xa vedes, o ‘progreso’ cheou a aldea.
O río da miña infancia, onde din as primeiras brazadas no meio acuoso, os meus recordos rotos coma a ponte, todo pola ‘evolución’ dos tempos, ¿qué evolución...? Din que as pedras que compuñan a antiga ponte, marcharon ‘numeradas’... dame a risa, e ago ra ¿qué? ¿Que máis queren de todos nós... votos?

Te puede interesar
Más en Cartas al director