ANÍBAL SEARA

n n nAmamos a vida e por tal motivo a morte sempre é algo que nos resulta unha traxedia, un feito inoportuno que nos supera e que lentamente imos aceptando, pois non nos queda outra alternativa.
Fumos educados para vivir, soio para vivir. Amamos a vida e, por tal motivo, cando nacemos tentamos superarnos con esforzo e moito traballo; creamos unha familia e loitamos por ela para superar as dificultades diarias. Queremos o mellor para os nosos fillos e adoramos aos netos. Ademais, como vivimos nunha comunidade social, ate lle adicamos o pouco tempo libre que temos a traballar polo común. Esa foi a vida de Aníbal Seara, amigo e veciño exemplar que amaba o lugar onde nacera e xogara de neno, onde fora á escola e onde, como adulto, tiña o aprecio e o respeto da vecindade. Aníbal era querido por todos, pois durante a súa vida tamén tivo un tempo para adicarlle a Seixalbo dende a directiva da Asociación San Breixo. Corrían os anos oitenta e había moitos problemas que solucionar.

Amamos a vida e cando unha boa persona, un pai exemplar e sobre todo un home amante do saber se perde, todos morremos un pouco. Por eso a morte deste veciño deixa un oco dificil de cubrir na familia e na nosa comunidade.

RECIBAN OS FAMILIARES O MÁIS SENTIDO PÉSAME.

Te puede interesar
Más en Cartas al director