axuda ás asociacións ourensáns

Como vostede ben di en moitas ocasións: 'É de ben nacidos ser agradecidos', hoxe tócame a min darlle as grazas. Pregúntarase o porqué, pois moi sinxelo. Vostede, e o seu grupo político, son os únicos desta cidade, ou así se demostrou na aprobacion dunha partida presupuestaria, para axudar a tres asociacións que traballan en eidos distintos da sociedade ourensá.
Polo que a min respeta, gustaríame facer especial fincapé na agrupación folclorica 'Queixumes dos Pinos', a cal leva traballando a reo nesta cidade dende hai xa máis de 15 anos, e que sempre colaboru na medida do posible no avance de Ourense no eido da cultura e da tradición, espallando o noso folclore polo mundo adiante, e levando o nome de Ourense alá onde vai. Como consecuencia da falta de compromiso do resto de forzas políticas desta cidade, 'Queixumes dos Pinos' atópase nunha situación económica pésima, a pesar do esforzo e traballo dos pais e compoñentes de esta asociación, que non son poucos. Mostra desta situación, este ano en Ourense xa non se celebra o Festival Internacional de Folclore e moitas máis actividades organizadas dende a agrupación.

Verdadeiramente é triste esta situación desencadeada polas mentiras e enganos dos políticos, os cales só lles debe preocupar as grandes infraestructuras e as grandes paiasadas que se lles pasan pola cabeza, pero o folclore e a educación da xuventude poucos dores de cabeza lles pode dar á vista dos feitos.

Menos mal que en Ourense, aínda que a moitos non lles guste, temos a persoas que están cos pes na terra, e que polo menos saben escoitar e axudar sempre que poden, e sobre todo cumplen a súa palabra, que é o fundamental nunha persoa e nun político de pura cepa.

GRACIÑAS SEÑOR BALTAR.

Te puede interesar
Más en Cartas al director