Boa sorte e ata logo a Manolo e Jorge

Dende este sábado moitos ourensáns estamos algo máis tristes. Este sábado foi o último día que Manolo e Jorge se puxeron tras da barra dun dos bares máis coñecidos da zona dos viños, o ‘Montederramo’, na rúa Lepanto.
Vai ser duro para moitos dos que formabamos esa gran familia non topar a Jorge e Manolo, eso sorriso no día a día. Porque o ‘Montederramo’ era máis ca un bar, non é un tópico. Eramos coma unha peña onde sen sabernos o nome entre moitos de nós, todos nos coñeciamos. O sábado, entre bágoas, sorrisos e cánticos, démonos o pésame mutuamente. Hoxe douvos as gracias a todos os que pasastes por detrás desa barra, ademáis de Manolo e Jorge, Alex, Jorge II, Vanessa... e fixestes feliz a tanta xente. Nunca me sentín tan a gusto nun bar coma no ‘Montederramo’ nin nunca me trataron tan ben coma alí. Dende o sábado, e sabédelo, ese fogar xa non será o mesmo sen vós. Amigos, que teñades boa sorte e ata pronto.


Te puede interesar
Más en Cartas al director