A Carreira do San Martiño

O domingo pasado poidemos disfrutar dunha mañá moi boa, un día ideal para correr, moita xente, moito ambiente, pero seguimos sin que se pense moito nos corredores, penso que a carreira colleu desprevenidos aos organizadores, moita xente pero pouca previsión.
A chegada foi un caos, non se podía acceder ás bebidas, todos apiñados en sudor, vergonzoso, ¿non sería mellor por dentro de ese recinto do campo máis mostradores? Logo, non había nin unha soia bebida isotónica, nada de comer, logo outra vez apiñados para coller a camiseta e entregar o chip. A camiseta cada ano é peor (recordo anos anteriores nas que aínda conservamos aquelas de Adidas, guantes); o que nos deron o outro día foi todo ó lixo, os propios nenos o tiveron, ¡a quén queren enganar! Os avitoallamentos soamente con auga. Do guardarroupa xa nin falemos, un caos. Moito masaxe e podólogo, pero imposible acceder. A carreira dos nenos, máis do mesmo, coma sempre tiven que ir co rapaz para que non o tiraran na saída (sería tan fácil coma por varios puntos de saída separados na mesma recta); á chegada, igual. As camisetas non para os nenos, son para os irmáns, pais, etcétera, pois non teñen o detalle de facelas pequenas, todos os anos igual... Señores, a talla S é para un neno de 14-15 anos.
A min non me importa que dén cartos para os primeiros, o que nos interesa é que sexan carreiras populares e que teñan un pouco máis de cariño para organizala.

Te puede interesar
Más en Cartas al director