As centrais nucleares non son seguras

Aqueles que critican de oportunismo debater da enerxía nuclear despois do accidente de Fukushima, diríalles que é o mesmo que debater sobre terrorismo despois dun atentado.
O certo é que este accidente demostra a inseguridade destas centrais, pois aínda que a causa inicial é un maremoto enorme, os fallos nos aparatos de enfriamento foron gravísimos, e esto aconteceu nun país extraordinariamente avanzado tecnoloxicamente, e no que xa estas centrais estaban previstas para resistir fortes seismos. E os incidentes nestes grupos nucleares non só se producen por terremotos -por certo o sur e sudeste español están tamen nun espazo de posibles accións sísmicas-, senón por ataques terroristas, ou calquer outro provocado por fallo humán ou simpre accidente, e ahí están Chernóbil, Three Mile Island en EEUU, Chelliabinsk en Rusia, e máis preto, Vandellós en España, entre moitos outros accidentes nucleares máis leves.

O máis grave de tódalas maneiras é que en España exista xente, non só do PP, que apoian facer outras centrais nucleares, costosísimas -a máis moderna que se está construindo en Filandia vai costar preto de seis mil millóns de euros e nove anos de construccción-, co único obxeto de defender as grandes constuctoras, cando o que hai que apostar é polas enerxías renovables que teñen un enorme porvir, e evitar o despilfarro enerxético, e esto dino nun intre no que a capacidade de xeración eléctrica e máis do dobre do que consumimos, e sin contar cos plans eólicos proxectados.

Tamén chama a atención as mentiras usadas como que España importa enerxía eléctrica de Francia, cando, facendo unha media anual, demóstrase que somos exportadores desta enerxía, ou que con estas centrais non dependeremos do exterior, cando o uranio o temos que comprar tamén noutros países inestables, e por riba enriquecelo en Estados Unidos ou Francia. E a todo esto hai que engadir que neste intre aínda non sabemos que facer cos resíduos radiactivos das centrais, e mentres, temos que pagarlle un aluguer elevadísimo a Francia para que no-los almacene.

Te puede interesar
Más en Cartas al director