E CHEGOU O DÍA...

Algún dia tiña que pasar i ese dia chegou. Agora empezarán a sair amigos e inimigos por todo-los lados, pero sei que vostede non os vai ter en conta. Os amigos vense cando se precisa deles, e os inimigos canto máis lonxe millor, a pesares de que unha cousa leva a outra e estes últimos tamén fan falla, máis aínda sendo unha persoa pública como o foi vostede 44 anos, que xa está ben.
Eu dende aquí quero amosarlle o meu pesar por irse tan pronto, o menos para min, e o mesmo tempo dicirlle o orgulloso que me sinto de ter sido parte da súa familia, pouco tempo, pero moi importante para min. Sepa que desde aquí, e coido que a vostede cóonstalle que o que digo é certo, eu sempre o tiven coma un pai, un eterno mestre que sempre se preocupou pola súa xente, e coma tal sempre lle estarei agradecido eternamente.

Vaise unha grande persoa, un profesor, un loitador incansable... todo o que eu poda dicir de vostede será pouco, e sempre dende o agradecemento, a vostede e a toda a súa familia, na cal como xá dixen me inclúo. Para moitos de nós que dende pícaros estivemos sempre o seu carón, esta é unha mala nova, pero lóxica i esperada. Vostede mestre, teno máis merecido que ninguén. Agora chega o intre de lecer, de estar ca súa propia familia, de desfrutar dos netos, de delegar traballos e de que tantos e tantos que o estimamos estemos con vostede coma vostede estivo con nós.

Sei que todas esas críticas que agora saen a luz non as vai ter en conta, a pesares de que se critican a un é por que o estiman e porque o envexan, na contra de todo o que poida parecer. Chega o intre de deixar atrás as loitas e de escomenzar de novo, agora esa outra xeira, a de unha persoa máis, un cidadán máis, que a peasres de todo fixo moito pola nosa cidade i a nosa provincia. Outros virán que bo te farán. Importa o ben, do malo xa eses que todos sabemos vannos ter sempre presente.

Contento e ledo por vostede, espero seguir formando parte da súa xente, vostede máis que ninguén foi i é un exemplo para min e para moitos. Desexo dicir que sempre estarei para o que se me precise, sábeo ben, non sei moito e non son un grande, pero aquí estarei cando faga falla. Son deses alumnos agradecidos para quen a súa persoa é un espello.

A MÁIS VER MESTRE...

Te puede interesar
Más en Cartas al director