O DEPÓSITO DE AUGAS DE GUDÍN

En relacion coa informacion publicada por este xornal o pasado día 11 de xaneiro, quería aclarar o seguinte:
1º Os veciños e veciñas de Niñodaguia únicamente defenden a propiedade do seu monte, cuia titularidade teñen recoñecida , e solicitan a reposición dos bens afectados ó seu estado anterior.

2º Os veciños e veciñas de Niñodaguia descoñecen, e polo tanto non entran a valorar, o negocio privado de conpra-venta entre particulares; ámbalas partes saberán: unha o que vendeu e outra o que comprou, así como quen deu fe pública de tal negocio. En todo caso, xuridicamente os 'montes en man común' son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables.

3º A construcción efectuase de xeito totalmente ilegal no ano 2010, carecendo de licencia municipal, urbanística, autorización previa da Consellería de Medio Ambiente (Confederación Hidrográfica) e por enriba en monte veciñal alleo. Proba de todo isto é que a ConfederaciónHidrográfíca inicia 'procedemento sancionador' por estes feitos contra os veciños e veciñas de Niñodaguia. A cousa é kafkiana.

4º Reiteradamente Gudín ven disputando os terreos, animados por outros intereses que non son a necesidade de auga senon máis de tipo lucrativo, como o fracasado intento de construcción dunha planta de residuos urbanos, ou poder cobrar por unhos eólicos que non lle pertecen.

5º Mentras tanto, os rexidores municipais “consentían e miraban para outro lado entretidos noutros menesteres que neste caso nada teñen que ver coa defensa da legalidade e os intereses dos ciudadans que representan. Agora un di que descobre (cando foron os veciños os que tiveron que pedirlle que tomara medidas), e o outro que non estaba.

Por último, ós veciños e veciñas de Niñodaguia non van intimidarnos con prensa e televisión porque a verdade sempre vence.

Te puede interesar
Más en Cartas al director