ENIGMA IBERICO

n n nUnha das miñas maiores debilidades, e posúas dabondo, son os libros.
Non hai un recuncho da miña casa onde non se atope un libro. Son membro da cofradía de Robert Southey: 'Give me a room whose every nook is dedicate a book' (Dádeme unha habitación no que nun recuncho se pouse un libro). A miña Carmen, lectora empedernida, dí que eu non leo, senón que devoro libros. E non minte, xa que comezo a decatarme que aseméllome máis ao personaxe do glotón ca do sobrio daquela fábula lírica de Concepción Arenal. Como moito e dixiro pouco. Ten que ser. Se fora doutro xeito, houbera sido, coma sempre se dí, un home de proveito, ou prominente, na xerga fraguista.

Páxinas, e máis paxinas sobre España e os pobos ibéricos. Léoas e non son quen de entender a nosa xente. Nin sequera a traverso daqueles grandes viaxeiros británicos dos séculos XVIII, XIX, XX, excelentes obervadores, dende Southey, Borrow, Brenan, ata os actuais Stewart e Jacobs, e moitos máis. Beberon máis das fontes do amor cada xenreira, caseque coma hispanos. Houbo unha frase da negra Violeta, que martillou por moito tempo a miña mente. Era eu un rapaz, e ainda non coñecera o meu país de orixe, cando aquela muller que carrexaba sacos e sacos na bananeira Honduras, véndome de pasmarote, adicoulle a España un epíteto escatolóxico.

¿Somos cainitas coma nos pintara Goya, e tan capaces dun holocausto fraticida segundo Preston? Ou, ¿somos xenerosos coma na 'Rendición de Breda' de Velázquez? ¿É a envexa un cromosoma da raza hispana, que fainos celebrar, dende a paixón fubolera da que nos fan adictos, a derrota do veciño máis cada vitoria propia? ¿Gabámanos de laicistas, e o mesmo tempo, pagamos misa? ¿Definimonos coma ácratas ou liberales somentes no senso de non pagar tributos, e desexamos mamar do Estado, e se cadra, pra facer da corrupción deporte nacional? Eu sigo sen develar o enigma, ainda lendo a don Claudio Sánchez Albornoz. Villarino, tés razón: somos un pobo difícil.

Te puede interesar
Más en Cartas al director