Exposición de Arturo Baltar

Desde o Instituto de As Lagoas, escribímoslle os alumnos de Primeiro A da ESO (de entre doce e trece anos).

Os artigos que se publicaron últimamente no seu xornal dedicados á exposición antolóxica da obra deste artista ourensán, incitáronnos a escribir esta carta.

O 15 de xaneiro os nosos profesores acercáronnos a visitar os retablos de Arturo Baltar.
Previamente explicáronnos o que pretendía expresar este escultor coa súa obra e buscamos información sobre el na rede.

O que pretendemos con esta carta é que a publique para que a sociedade, e sobre todo o propio Arturo Baltar, coñezan a nosa opinión.

A nosa opinón sobre o seu traballo é moi difícil de expresar. Gustounos a súa forma de elaboración, tódolos detalles, a precisión de cada cor, forma e lugar de situación de cada obxecto en cada momento, o realismo de cada retablo, o truco de esconder algunha figuriña para facer única cada unha das súas obras.

Pero o máis sorprendente, o máis extraordinario é como reflicte o espíritu galego en cada obra, nas casas, nas feiras... É a súa forma de mostrar que é ourensán de pes a cabeza.

Te puede interesar
Más en Cartas al director