O galego en Cáceres

Publicou ’El Mundo’ o 25-11, páxina 21, un artigo cualificando de polémicas, fantasiosas e de delirio imperalista as reivindicacións da expansión do galego máis alá das nosas fronteiras administrativas, con especial énfase na ’fala’ que se practica no val do Jálama en Cáceres, e quero aportar aquí unha experiencia persoal remontándome a ’mili’ en 1950 no Rexemento Cantabria número 39 en Toledo.
Coincidimos alí un grupo de galegos cos quintos do 48 dos tres pequenos municipios que poboan aquel val e, sen máis, empezamos a entendernos perfectamente: eles practicando a súa ’fala’, chamada ’mañego’ en San Martín de Trevejo, ’lagarteiro’ en Eljas, e ’valverdeiro’ en Valverde del Fresno, e nós no ’galego’ que levabamos dentro. En 1994 despraceime alí e atopei en Valverde dous amigos da mili: Serapio e Gabriel Berrio que me puxeron en contacto coas asociacións que defendían a ’fala’. Volvín dúas veces máis e na última dedicáronme a maior parte do día o alcalde de San Martín de Trevejo, Máximo Gaspar, e o concelleiro Domingo Frade, estudoso do fenómeno. Estináronme o pobo coas rúas rotuladas na lingua que eu falo. Intercambiamos libros: ’Lembranzas’ da miña autoría e varios na súa ’fala’ escritos pro Domingo Frade, entre eles ’Vamos a falal’ no que se apunta a súa convicción de que a ’fala’ foi levada alí trala reconquista, por pastores galegos. Se reunimos a debater un tema a un asturiano de Navia, a un leonés do Bierzo, a un cacereño do Jálama e a un galego entenderanse a perfección. E isto é galego, pese a quén pese.

Te puede interesar
Más en Cartas al director