HAI ALGUÉN AÍ

Están aí para coidar de min, por iso é mellor que vixíen o que me van contar.
Eles son os que saben, incluso saben o que necesito e o que non. Por saber, tamén saben que mañá, a pesar da miña rabia e das miñas malas intencións, o sol asomará. Eles, que empurraron a mamá e papá fóra da arañeira porque se negaron a participar no tecido da trampa máis tramposa. Eles, que cando os descobren foxen aterrados os uns dos outros como unha banda de criminais, preguntándose quen falará, quen traizoará, como se cada un tivese un coitelo nas costas do outro. Eles. Os mesmos que ti, de cando en cando, elixes para que te sintas protexido. Eles, que como ti ben sabes, todo o saben. Eles.

Te puede interesar
Más en Cartas al director