'mea culpa'

Nun Bar: Un amigo dime 'titúlao o benestar do Medievo'. Máis tarde, unha amiga non me contesta, outra está nunha conferencia e murmúrame 'logo chámote chámame', dende lonxe. Outra non me contesta. Á que posiblemente lle preguntaría como o titularía, mándame un correo 'Estou en Sevilla'. É o que teño para comezar. Dende o meu punto de vista, que como ven non é o mais obxectivo, creo que a simplicidade das miñas amigas mo pon doado. A que non contesta, a saber o que me diría.
Evidentemente, non teño un problema, intúeno e dende logo acertan. Na situación actual creo que o poderiamos xeneralizar a todos e a cada un dos problemas aos que nos enfrontamos. Isto chámase practicidad, que me perdoen as miñas amigas. Porque os nosos políticos son incapaces de entender que a nula sinceridade que manexan -mentiras-, non lles axuda a resolver os graves problemas que día a día teñen os españois.

Aínda que non é o caso, imaxinemos o que se nos aveciña coas promesas dos que din 'estamos aquí para axudarvos, para conseguir que cada día se contraten mais postos de traballo', 'desta crise sairemos', de por dicir 'non subín os impostos, só estrutureinos'. E a teu pai non lle imos poder axudar porque non está en ningún dos supostos que o permiten a sanidade e o ensino; tal como están son un grave problema, vive menos para deixar vivir...

As miñas amigas seguro que me dirían 'dilles que gústanos o estado do benestar actual, ao que un montón de amigas e amigos contribuímos, non o do Medievo. Defendemos as nosas ideas, os nosos compromisos, as nosas verdades, a nosa sinceridade, a nosa tolerancia, a nosa ausencia de mentiras, a nosa practicidad, a nosa comprensión, a nosa igualdade, a nosa realidade e a nosa intolerancia coas comunicacións fóra de lugar'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director