MODESTO SEARA: UNHA MERECIDA DISTINCION

Sen dúbeda, merecida medalla Castelao ao Profesor Modesto Seara. A súa erudición somentes e quen de superala a súa inxente laboura docente, desenrolada na Universidad Tecnológica Mixteca, a traverso dun innovador sistema de universidades desconcentradas no estado de Oaxaca en México, pro desenrolo social das comunidades indixinas. Creou un auténtico vivieiro de profesionais valiosos no eido da intelixencia artificial. Xa na súa estadía na UNAM do D.F. sentara cátedra. O seu 'Tratado de Derecho Internacional' leva impreso máis de 23 edicións.
É considerado coma un dos páis do Derecho Internacional Cósmico (o espazo extra-atmosférico). A súa obra 'Cosmic International Law' estudiase como texto en moitos campus norteamericanos. Coma experto participou activamente no recoñecemento das 200 millas de mar patrimonial das nacións americanas. Fói firme defensor da Doctrina Estrada na política exterior mexicana e dunha reforma da Carta da ONU.

Home de fortes conviccións socialistas, tivo que sufrir un calvario pra rescatar as esencias sepultadas do socialismo hispánico. Voltou de novo cara a sua andaina docente nas terras aztecas. Foise farto da política de partidos onde priman a institución e non a militancia, o caudillismo e non a autocrítica. A tropelía, a corruptela de dirixentes badocos e endeusados ata convertir o socialismo nun clinex ao uso do liberalismo.

Pra miña Carmiña, penitente pesoista, non é doado ver liderar a un Felipe, a un Guerra, a un Zapatero, a un Pachi (manda carallo!), cando se perden homes da talla dos Seara Vázquez, Gómez Llorente, Pablo Castellanos, entre outros, expelidos a periferia do aparato ou a xubilación política definitiva. As conviccións idiolóxicas, éticas ou morales, non respostan ao modelo de empresa IBEX-35, paradigma da progresía de Ferraz, 70.

Te puede interesar
Más en Cartas al director