¡MONTE ALEGRE!

Hai pobos, aldeas, cidades, que nunca as esqueces? Teñen 'algo' especial que sempre levas dentro e sempre está presente. Ourense, tí tamén eres especial. Amais das 'tres cousas' e de outras interesantes e de interés público, amén de arte por calquer recanto, os que somos ourensáns de sempre, coido que os da miña época e moitísimos de calquer ano, levamos Montealegre moi dentro.
Monte dos ourensáns por excelencia. Monte de ledos recordos, testigo de tantas excursións, de xogos, cantos, risas, alegres parolas? Monte elexido para celebración dos magostos o día 11 de novembro, festa do San Martiño, patrono da cidade, da diócese. Monte coas súas árbores, as suas prantas, os seus arbustos 'amorosos' do noso monte, coa súa flora e fauna autóctona, cos seus carrunchiños e camiñiños antre a natureza.

Monte co seu gran penedo coroado pola cruz recordativa de triste suceso, anos há. Leva toda unha vida vixiando, mirando cara Ourense. Vista amplísima e preciosa.

Queremos o 'noso monte' limpo, coidado, sen incendios, sen incívicos que o aldraxen. Penso que a maioría de ourensáns estarán dacordo conmigo: '¡Monte Alegre de sempre!'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director