sen motivo aparente

Non quedan días.
Non queda nada. Falamos do tempo. Cando Chove. Cando sae o sol. Cando non chove. Cando o sol non sae. Mirámonos dende as alturas. Todos somos mellores que todos. Ninguén se queda atrás. Detrás. Presidimos as mesas aínda que non teñamos nada que ofrecer. Queixámonos aínda que non teñamos razón. Porque somos máis listos que os demais. E porque nos peta. E porque vai no que che pago. E no que ti me cobras. E porque de pronto un día descubrímonos grandes. Sen gravidade que nos faga caer. Dicimos que si cando sabemos que o non ten razón. E seguimos dicindo si aínda sabendo que segue sen ser. E aínda así seguimos atopando escusa. Motivo. Vicio. O costume de exhibirnos ao escoitarnos. Que a función continúe. Que non remate. Que a función me colla ben colocado. E co coitelo entre os dentes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director