ourense é fútbol sala feminino

Escribo dende o centro da ponte romana de Ourense, din que dende aquí se ve o mellor da cidade. Rodéame a paisaxe do Miño ao seu paso pola cidade, podo ver tamén as termas, a Blanco Amor redactando A esmorga e a Borja dando as primeiras patadas no Pabellon. Está tamen Yosi compondo Dolores, Chelo Garcia Cortés dando os seus primeiros berridos, e ao lonxe comeza a aproximarse o fútbol sala feminino, facéndose un oco entre as grandes facetas da cidade.
Se falamos de fútbol sala feminino e o lugar é Ourense, alguén (aínda non sabemos quén) oblígate a dividirte; eu, hoxe, dou uns pasos cara o barrio da Ponte (que tanto me fixo aprender e tantos momentos compartimos xuntos). Pero dende aquí gritolle á miña querida Vane Sotelo (Zipi) que comeremos hamburguesas seguido, que seguiremos coas fornadas de croasants e con tardes sofocantes de estudio onde as sonrisas son necesarias.

Seguimos sendo dúas estudiantes de Ourense que compartimos futbol sala. 'Só' eso, fútbol sala. Agora, una de verde e outra de negro. Unha dun lado da ponte e outra do outro, pero fútbol sala.

AMIGAS, OURENSE É FUTBOL SALA.

PD: VÉMONOS NO DERBI.

Te puede interesar
Más en Cartas al director