O PSOE na Bola

En referencia a análise das últimas votacións ó Parlamento Europeo publicado neste xornal, o martes 9 de xuño, agradecería que me permitisen facer unha reflexión como militante socialista nese concello.


Nesta análise expoñen os mellores e peores resultados na provincia por concellos, colocando como un dos mellores o ascenso do BNG na Bola (43,29%) e dos peores o PSOE (11,67%). Recordemos as do ano 94, onde o PSOE obtivo un 12% e nas do 99, un 12,45%. Non negando a evidencia, pero analizando os resultados, si se extrapolasen a unhas municipais (xa que vostedes se referían a concellos) estaríamos na paradoxa que no momento de auxe que se lle otorga o BNG na Bola, este perdería a súa maioría absoluta da que disfruta actualmente, con un PP, que aínda que non logra recuperarse en votos (motivado esto, por a escisión que lle produciu a actual rexedora do BNG, antes militante no PP) si consegue un empate a concelleiros, e é a onde o que vostedes colocan como peores resultados do PSOE en A Bola, tornarían a colocar este partido como a chave para gobernabilidade dese concello, cousa que eu recorde nunca habría estado o seu alcance.

A sabendas que nunhas municipais os resultados non serían os mesmos, o único que quería por sobre a mesa, e facer ver que moitas veces, o peor resultado nunhas eleccións, si se dan as circunstancias adecuadas, poden chegar a resultar ser os mellores resultados para participar activamente nun goberno. Por outro lado, que se gañen un tipo de eleccións, non significa precisamente que se teñan gañadas as seguintes.

Te puede interesar
Más en Cartas al director