Triunfar e non morrer

'Tú, gitana, que adivinas, me lo digas pues no lo sé'.
Escoitei esta canción varias veces durante o verán. Chámame a atención cando di aquilo de que se sairá desta aventura 'ou sen ela morrerei', e engade 'ou sen ela perdo a vida ou sen ela triunfarei'. Cada día repítenche aquilo de que: É o que temos que facer, non vos preocupedes, melloraremos, seguro. O presidente pide que se cumpran os acordos dos países do euro, Galicia convoca eleccións anticipadas, Cataluña pide plans aprobados, o presidente empeza por a, de Andalucía, e continúa pola V de Valencia para dicir que non deixará fóra do rescate a Cataluña, etc. 'Tú, gitana, que adivinas, me lo digas pues no lo sé'. No meu pobo, creo que hai unha meiga que é o máis parecido á xitana da canción. Por iso estou a pensar pedirlle que me axude a entender todo isto. Case todos, por non dicir o 90% dos españois, nos estamos a deixar algo neste camiño. Nesta aventura imos morrendo pouco a pouco. Cada vez máis pobres, máis manipulados, menos actualizados e menos protexidos. A meiga suxeriume que para saír desta aventura só o lograremos facéndonos oír, loitando, protestando, incomodando e sobre todo non pasando. So nos queda, con ou sen meiga, triunfar e non morrer. Para conseguilo cada día temos e debemos dicirlle ós nosos políticos que coa súa actual actitude non nos representan. Nos temos que adoptar unha única actitude que non pode ser outra que a de transmitir que esta situación é insostible. Sexa como sexa temos que triunfar, e non permitir que os que rematen gañando sexan sempre os mesmos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director