FORMACIÓN

Alumnos de Turismo realizan prácticas na Romaría Raigame

Terá lugar o próximo día 17 de maio no núcleo celanovés de Vilanova dos Infantes

O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e o director do centro de FP da Farixa, José Luis Rodríguez, asinaron onte un acordo de colaboración por medio do cal un total de 11 alumnos dos ciclos formativos de Organizacion de Eventos e de Guía Turístico terán a oportunidade de participar activamente no desenvolvemento da Romaría Etnográfica Raigame, que terá lugar o próximo día 17 de maio no núcleo celanovés de Vilanova dos Infantes. 

Os labores que prestarán os alumnos centraránse en ofrecer atención na Adega de San Vivián, na Torre de Vilanova; nos autobuses históricos que comunicarán Celanova e Vilanova durante toda a xornada, así como outras actividades relativas a coordinacion dos eventos que tamen se desenvolverán ó longo de toda a xornada festiva.

Por parte da Deputación Provincial, o acto contou coa presencia do coordinador do Centro da Cultura Popular Xaquin Lorenzo, Xavier Álvarez Campos, entidade coorganizadora, xunto co Concello de Celanova, da Romaría Raigame, que nesta edición acada xa a súa maioría de idade.

Te puede interesar