celanova

Unha andaina percorrerá as beiras do río Orille

Os participantes estarán convidados a unha comida campestre na área recreativa de Veiga ó finalizar a andaina

Os muíños e carballeiras próximas ó río Orille serán testemuñas da celebración da primeira edición da Andaina da Mocidade do Concello da Bola, unha actividade organizada en colaboración coa Consellería de Política Social e que forma parte das actividades da reserva da biosfera da Área de Allariz. Será o vindeiro sábado, día 20, e está aberta ó público en xeral. O percorrido terá un total de cinco kilómetros de distancia cunha dificultade de execución baixa polas beiras do río Orille. Os participantes estarán convidados a unha comida campestre na área recreativa de Veiga ó finalizar a andaina. A inscripción deberá realizarse antes do día 18 no teléfono 988 45 12 93 ou de xeito presencial no propio Concello.

Te puede interesar