fundación

Antonio Puga asume a presidencia da Fundación Curros

Tal e como está previsto nos estatutos, o alcalde saínte, José Luis Ferro, pasa a formar parte do padroado da fundación como vocal. 

A Fundación Curros Enríquez celebrará mañá, sábado, unha reunión extraordinaria que ten como punto principal a toma de posesión do alcalde, Antonio Puga, como novo presidente da entidade. Tal e como está previsto nos estatutos, o alcalde saínte, José Luis Ferro, pasa a formar parte do padroado da fundación como vocal. 

No encontro abordaránse outras xestións que se están levando a cabo dende a Fundación Curros Enríquez, como o proxecto do videoxogo baseado no relato "Arnoia, Arnoia", de Xosé Luís Méndez Ferrín ,que conta cunha importante achega económica da Deputación, ou a comercialización do xogo de xadrez de San Rosendo elaborado en chocolate. Do mesmo xeito, aproveitarán para ultimar a organización do acto de entrega do premio Casa dos Poetas a Isabel Blanco, que terá lugar o día 8 de setembro na sede da entidade cultural.

Te puede interesar