INCENDIO

Atribúen un incendio en Gomesende a unha veciña do municipio

O lume iniciouse na noite do 24 de abril e, segundo explica a Xunta, "non se tomaron todas as medidas de seguridade necesarias"

Axentes da Policía Autonómica atribuíron un incendio forestal de 0,2 hectáreas de monte raso ocorrida no municipio ourensán de Gomesende a unha veciña dese concello.

O lume iniciouse ás 21,55 horas no lugar de Guielas do 24 de abril, nese mesmo municipio e, segundo explica a Xunta, "non se tomaron todas as medidas de seguridade necesarias", polo que as chamas propagáronse.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de instrución de garda de Celanova. No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou un total de 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Te puede interesar