CELANOVA

O audiovisual galego explora novas fronteiras en Celanova

Dibujo
photo_camera Os responsables de Trote presentaron o seu traballo.

A inauguración oficial correu a cargo do director do curso, Miguel Anxo Fernández, e o profesor Paulino Pérez, encargado do taller "Celanova, plató de ficción"

A 16 edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac) iniciou a primeira hora da tarde de onte as súas ponencias, que este ano versarán sobre as novas fronteiras do audiovisual galego prestando especial atención ó talento, a situación e futuro da industria e as posibilidades de internacionalización que se presentan para o sector de cara ós vindeiros anos. Un ano máis, o auditorio municipal Ilduara de Celanova acolle este programa formativo, enmarcado nos cursos de extensión universitaria da Universidade de Vigo e dirixido, fundamentalmente, a estudantes de Comunicación Audiovisual. 

A inauguración oficial correu a cargo do director do curso, Miguel Anxo Fernández, e o profesor Paulino Pérez, encargado do taller "Celanova, plató de ficción" que amosará o resultado da curtametraxe "Destapando Casares" durante a xornada do venres. Ámbolos dous convidaron ós participantes a aproveitar as numerosas ponencias ás que asistirán durante os vindeiros tres días que se prolongará o curso.

Nesta primeira xornada, tiveron a oportunidade de coñecer o proceso creativo dunha ópera prima, como é o caso do filme Trote. Para explicar os detalles, achegáronse a Celanova o director, Xacio Baño, e o productor Sergio Frade. As actividades de hoxe estará centradas na ficción cinematográfica Feedback. A dirección artística, a dirección de fotografía, a montaxe ou a composición dunha banda sonora serán algúns dos aspectos que se analizarán durante todo o día de hoxe coa participación dos encargados de darlle forma no filme galego.

Te puede interesar