formación

A aula Cemit de Celanova ensina a crear videoxogos e anuncios

As sesións, que se realizarán en horario de 10 a 13 horas, son de carácter gratuít

O mes de agosto traerá dúas propostas formativas á aula Cemit de Celanova destinadas a nenos de ata 15 anos de idade. A primeira actividade ó longo do día 1 de agosto, coincidindo coa campaña "Lecer e consumo" da Xunta de Galicia. Ese día, os pequenos terán a oportunidade de converterse en publicistas e coñecer os códigos que rexen os anuncios que cada día visualizan nos diferentes medios de comunicación. A sesión terá unha hora e media de duración.

A segunda proposta desenvolverase durante a semana entre o 5 e o 9 de agosto e terá como obxecto a creación de videoxogos. As sesións, que se realizarán en horario de 10 a 13 horas, son de carácter gratuíto. Ámbalas dúas requiren inscripción previa ó dispoñer de prazas limitadas.

Te puede interesar