O BNG celebra o seu 40 aniversario en Celanova

O salón de actos do Claustro Barroco acollerá mañá, ás 18,00 horas, un encontro no que se presentará o libro “40 anos ao servizo de Galiza”

O Refectorio celanovés foi o lugar escollido para a conmemoración este sábado, nas comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia, do 40 aniversario da constitución do Bloque Nacionalista Galego (BNG). 

O salón de actos do Claustro Barroco acollerá mañá, ás 18,00 horas, un encontro no que se presentará o libro “40 anos ao servizo de Galiza” de Manuel Anxo Fernández Baz, editado pola Fundación Galiza Sempre.

Trátase dunha obra da autoría do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz, na que recolle ano por ano os principais acontecementos que tiveron lugar no país e as accións do BNG. O libro conta con máis de 400 imaxes, moitas delas inéditas, “o que converte a obra nun documento político, histórico e gráfico de gran valor”, subliñan os nacionalistas.

Ademáis de Fernández Baz, estarán presentes neste encontro supracomarcal a deputada nacionalista por Ourense, María González Albert, e  dous históricos do Bloque nestas comarcas, Sindo Rodríguez, de Celanova, e José Rodríguez Cid,  Pepe de Cartelle.

Te puede interesar