Elecciones 12-J

O BNG compromete unha investigación das residencias

Asistentes ó mitin do BNG en Celanova.
photo_camera Asistentes ó mitin do BNG en Celanova.

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, amosou o compromiso do seu partido de abrir unha comisión de investigación polo acontecido nas residencias de maiores durante a crise do coronavirus. Durante os encontros mantidos cos veciños de Bande e Celanova, Presas reclamou "uns servizos públicos de calidade". Respecto das residencias, a candidata nacionalista insistiu na necesidad de "actuar e aplicar verdade-xustiza-reparación ante o que aconteceu en residencias como a de San Carlos onde as usuarias e as súas familias viviron momentos de moita gravidade".

Na vila de Celanova, a candidata do BNG criticou o abandono da Xunta coa comarca e comprometeuse a mellorar as infraestruturas da zona atendendo ás demandas do colectivo Plabali despois dos incumprimentos por parte da administración galega. Por outra parte, en Bande, incidiu na necesidade "dun plan de saneamento para os ríos ás zonas afectadas pola contaminación como é o caso da Baixa Limia e máis concretamente do encoro das Conchas, afectado moitas veces polas cianobacterias", indicou Presas. Paralelamente, tamén reivindicou un novo impulso para o parque do Xurés-Gerez "apostando pola participación social e veciñal".

Te puede interesar