CELANOVA

O BNG esixe a Celanova Decide máis inversión

Din que Antonio Puga comprometeu cartos para a piscina cuberta e a Casa da Mocidade

Leopoldo Rodríguez e Xulia Paz, representantes do BNG en Celanova, reuníronse este sábado con membros de Celanova Decide e o seu candidato á Alcaldía, Antonio Puga, segundo informou a formación nacionalista nunha nota. Nese comunicado aluden a que Puga lles deu "o compromiso de que, durante o próximo mandato, se dotará á vila dunha piscina cuberta e dunha Casa da Mocidade -dúas reivindicacións históricas das nacionalistas- e ademais se traballará na recuperación dos locais sociais no rural e se completará o saneamento e o abastecemento en todos os núcleos rurais".

O BNG, que acadou 397 vostos en Celanova e un concelleiro, "non fará parte do futuro goberno municipal", pero si que plasmará o seu apoio explícito dende o mesmo momento da toma de posesión facilitando a súa investidura no pleno do vindeiro día 15. Ese apoio quedará visualizado despois de que o candidato de Celanova Decide "asumise unha serie de demandas das nacionalistas". 

Estas propostas van máis alá da construcción da piscina climatizada ou a Casa da Mocidade xa que incorporan "a apertura de novas canles de participación veciñal (como a creación do escano cidadán e de asembleas veciñais nas parroquias, ou o cambio dos horarios dos plenos e a mellora da información a través da web municipal), así como unha aplicación firme e efectiva da Lei de Memoria Histórica que atenda a eliminación da simboloxía franquista, empezando polo Monte da Cruz".

O BNG, pola súa parte, "comprométese co cambio en Celanova". Así o explica na súa nota, na que indica que esa alternancia concide "co cambio que demandou a veciñanza o 26M". Así o explicou este sábado Leopoldo Rodríguez, que será o concelleiro nacionalista na próxima corporación municipal. Indica que "a veciñanza colocounos na oposición e desde aí traballaremos, e farémolo como sempre o fixemos: cunha oposición leal e construtiva, fiscalizando o cumprimento dos compromisos e achegando solucións. En Celanova ábrese un novo ciclo, e o BNG fará o posíbel porque o cambio sexa para mellor e se consolide", engadiu. 

Te puede interesar