O BNG inicia conversas para formar goberno en Ramirás

Concello de Ramirás
photo_camera Concello de Ramirás
Movementos políticos en Ramirás para formar goberno despois das eleccións municipais

O BNG de Ramirás, a forza máis votada nas eleccións municipais do pasado 28 de maio con tres edís (os mesmos que socialistas e populares), comunicaba onte o inicio das conversas cos distintos grupos. “A idea é que, como ocorreu en 2015 (PP) e 2019 (PSOE), aínda que non haxa un grupo coa maioría absoluta, toque ao partido con máis apoios por parte da veciñanza o poder iniciar a formación de goberno que nos asegure a xestión do concello para a vindeira lexislatura (2023-2027)”, traslada o grupo presidido por Marcos Meléndez.

Por outra banda, e debido ao enorme interese mostrado pola veciñanza para asistir ao pleno de investidura do sábado 17, o BNG solicitou que se celebre no salón do Centro social do Picouto, ao contar con máis capacidade que o salón de plenos.

Te puede interesar