O BNG presenta a lista coa que “gobernar Celanova”

La foto con los integrantes de la candidatura.
photo_camera La foto con los integrantes de la candidatura.

O salón da Arcos da casa consistorial de Celanova acollía na tarde do sábado a presentación do primeiro tramo da lista do BNG para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Leopoldo Rodríguez, candidato do BNG á Alcaldía de Celanova, presentábase como “única alternativa real para Celanova” afirmando que son “unha forza que medra, unida e constante no traballo”. Siguen a Rodríguez na lista, Xulia Paz, Ernesta Seoane, Erik Dobaño e María Rodríguez ‘Cabaco’, todos eles militantes do BNG.

Durante o acto de presentación estivo acompañandoos o voceiro nacionalista na Deputación de Ourense, Bernardo Varela.

Te puede interesar