O BNG urxe ao Goberno central melloras na rede de auga da Bola

O BNG exixe ao Goberno do Estado apoiar o proxecto para a mellora do saneamento no Concello da Bola e demanda á  Confederación Hidrográfica Miño-Sil que explique os motivos polos que rexeitou colaborar na construción dunha depuradora na Bola. O deputado Néstor Rego critica a decisión do organismo de rexeitar o proxecto remitido no 2021 pola Consellería de Medio Ambiente e que incluía un convenio de colaboración por valor de 720.000 euros. 

Dende a Confederación aseguran non estar en contra do proxecto, que eles mesmos redactaron, pero que é necesario un contacto e negociación previa entre todas as partes implicadas.

Te puede interesar