educación

A Bola deseña un programa lúdico e educativo para os pequenos

Manualidades, obradoiros ou xogos son as propostas que se desenvolverán na "Veranoteca"

O Concello da Bola iniciará durante a vindeira semana unha serie de actividades encamiñadas a ofrecer unha alternativa lúdica e educativa para os últimos días de vacacións dos máis pequenos do municipio. Será a "Veranoteca", dirixida a nenos de entre 3 e 15 anos de idade, que participarán en numerosas actividades que combinan diversión con aprendizaxe. Manualidades, obradoiros, xogos colaborativos ou concursos son algunhas das propostas que encherán a axenda dos rapaces ata finais de mes. 

As actividades desenvolveranse de 16,30 a 19,30 horas na área recreativa do río Orille. Os interesados poderán recibir máis información ou formalizar a súa inscripción no teléfono 988 45 12 93 ou nas  oficinas municipais. A "Veranoteca" combínase cos cursos de informática para nenos que teñen lugar na aula Cemit e que teñen por obxectivo difundir un correcto uso da informática ó tempo que se divirten e navegan por internet con total seguridade.

Te puede interesar