celanova

Cartelle inicia as contratacións para as brigadas contra o lume

Os interesados poderán presentar a súa solicitude nas dependencias municipais antes do vindeiro luns, día 8.

O Concello de Cartelle vén de publicar as bases de contratación para a formación da brigada para a loita contra os incendios forestais durante a temporada estival, que agora comeza. En total, o goberno local procederá a contratar a un capataz e catro peóns, que realizarán as tarefas de conservación e mantemento do entorno do termo municipal.

Os traballadores seleccionados deberán superar un proceso de selección que contará cunha proba física e no que se valorará a experiencia profesional dos aspirantes, así como a formación adquirida na materia. Os interesados poderán presentar a súa solicitude nas dependencias municipais antes do vindeiro luns, día 8.

Te puede interesar