Cartelle

Cartelle está máis preto do Plan Básico Municipal

Cartelle é o cuarto municipio galego cun PBM aprobado inicialmente

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda someterá a información pública a partir de hoxe e por un prazo de dous meses o Plan Básico Municipal (PBM) do Concello de Cartelle, un instrumento de ordenación recollido na Lei do solo e que foi aprobado o 9 de marzo.

Os PBM son instrumentos de ordenación urbanística que se redactarán en desenvolvemento do Plan Básico Autonómico para concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento xeral de planificación propio.

Así, Cartelle é o cuarto municipio galego cun PBM aprobado inicialmente e o segundo que supera este trámite na provincia de Ourense, dando así un paso importante de cara a dotarse dun marco urbanístico propio, no que se delimitan 59 núcleso rurais e 2 urbanos: Outomuro e Cartelle. 

Te puede interesar