Cultura

A Casa dos Poetas de Celanova recupera a coroa poética de Curros Enríquez

photo_camera A coroa poética de Curros Enríquez.
A peza pasa a formar parte da mostra permanente "Na frente unha estrela"

A Casa dos Poetas de Celanova recupera a coroa poética entregada a Curros Enríquez en 1904. A peza volve formar parte da exposición permanente "Na frente unha estrela" despois de varios meses formando parte da mostra "Galicia, un relato no mundo", organizada pola Xunta de Galicia.

Esta peza, obra do artista Isodoro Brocos, está cedida pola Real Academia Galega á Fundación Curros Enríquez despois de que no ano 2008 se decidira deixar a obra na casa familiar do autor celanovés con motivo do centenario da morte do escritor.

A Casa dos Poetas recupera a súa actividade e volve a estar aberta ao público de martes a sábado, en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas.

Te puede interesar