Os cativos da Mancomunidade evalúan a súa condición física

A Mancomunidade Terra de Celanova, no marco do plan 'Galicia Saudable', desenvolverá durante o mes de octubre a unidade de valoración funcional dos colexios da comarca. A iniciativa, que ten como única finalidade coñecer o estado físico dos alumnos da comarca, 'permítelles aos pais ter información sobre o estado físico dos seus fillos ó mesmo tempo que poden comparar cos resultados de anos anteriores, onde se ven reflexadas as evolucións dos rapaces en canto a parámetros de peso e talla se refire', resumía unha das técnicas da entidade, Nazaret Álvarez.
Segundo explicaban dende o organismo supramunicipal, ditos compoñentes están moi relacionados coa saúde dos cativos, 'o que nos permite asociar estes parámetros, se é o caso, con baixos ou altos riscos de desenvolver prematuramente enfermidades derivadas do sedentarismo ou de malos hábitos nutricionais co que se poderán tomar as medidas oportunas dun xeito precoz', engadía Álvarez. As medicións repetiránse ao final do curso escolar co obxectivo de comparar as evolucións anuais dos cativos da comarca.

Te puede interesar