TURISMO - PROVINCIA

Celanova aposta polo turismo no xeodestino da Baixa Limia

PlenoCelanova_1_result
photo_camera Julia Paz, concelleira do BNG, toma posesión diante do alcalde, José Luis Ferro.

O pleno do Concello ratifica o convenio co Inorde que inclúe tamén a outros 14 municipios

O pleno de Celanova deulle onte a benvida á nova concelleira do grupo do BNG. Julia Paz tomou posesión do seu cargo, no que sustitúe a Gonzalo Carlos López, que renunciou na anterior sesión plenaria celebrada en marzo. A incorporación de Julia Paz supón unha modificación na celebración dos plenos, que pasarán agora ó último mércores de cada mes, en vez dos martes, como tradicionalmente se estaba facendo. Se ben a petición deste cambio partiu do grupo nacionalista, o propio grupo de goberno tamén se verá beneficiado coa medida, posto que unha maior flexibilidade para as notificacións.

Esta foi a única proposta aprobada onte por unanimidade de toda a corporación municipal. O resto de proposicións resultaron aprobadas gracias ós votos do grupo de goberno. Foi o caso do convenio entre o Inorde e 14 concellos de Celanova e a Baixa Limia para a execución da primeira fase do plan director do Xeodestino nº 10. 

As voces máis discordantes con esta proposta partiron do voceiro do BNG, Leopoldo Rodríguez, ó considerar que este plan presenta moitas carencias e só potencia o sector turístico, deixando de lado o potencial económico do rural ó tempo que criticou o seu carácter excesivamente teórico. A preocupación dos nacionalistas pasa por que se trate de saír nos medios de comunicación e ó final non facer nada.

As dúas mocións presentadas neste pleno partiron precisamente do grupo do BNG. Na primeira, os nacionalistas instaban ó Goberno a derogar a lei que non permitía ata o de agora que os Concellos investisen o superávit das súas contas en proxectos propios, unha decisión amparada nas medidas de contención provocadas pola crise económica. Contra esta moción, o grupo de goberno presentou unha enmenda recollida nos presupostos estatais de 2017 na que xa se permite esta iniciativa. Así llo lembrou o portavoz do grupo de goberno, Máximo Losada, se ben o BNG rexeitou retirar a súa moción incidindo en que a súa petición pasa pola derogación total da lei.

Propostas para suprimir barreiras arquitectónicas

Na sesión de onte tamén se debatiu outra moción do Bloque nacionalista Galego que se centrou na mellora da accesibilidade e supresión das barreiras amparada pola Constitución, segundo lembrou Leopoldo Rodríguez, poñendo como exemplo as propias dependencias da Casa Consistorial. A este respecto, Losada indicoulle as medidas levadas a cabo ata o de agora así como a vontade do Concello de acadar unha subvención que lles permita instalar un ascensor no inmoble, un trámite cuns altos requisitos debido ó histórico do edificio. Xa no capítulo de rogos e preguntas, a sesión plenaria do Concello coñeceu o interese do BNG en relación ao estado do Camiño de San Rosendo como vía de peregrinación a Compostela. A este rresoecto o alcalde, José Luis Ferro, lembrou que xa está presentada a solicitude na Consellería de Cultura da Xunta e que o Concello segue pelexando para acadar este status, ó non conformarse coa opción de vía cultural proposta polo departamento autonómico. 

Te puede interesar