CELANOVA

Celanova contrata persoal para dúas brigadas contra os incendios forestais

Cada unha delas estará formada por cinco traballadores, dos cales catro serán peóns e un capataz

O Concello de Celanova procederá nos vindeiros días á selección de persoal para a composición de dúas brigadas contra os incendios forestais. Cada una delas estará constituída por cinco membros, dos cales un exercerá os labores de capataz e os outros catros serán os peóns do equipo. Mediante a publicación dun bando municipal, o Concello anunciou que a oferta de traballo se realizará a través da Oficina do Servizo de Emprego de Celanova. 

Deste xeito, os interesados en participar neste proceso de selección deberán inscribirse nela indicando se optan ó posto de "Capataz de Retén de Incendios" ou ben ós de "Peón de Retén de Incendios".

A composición das brigadas, que sumarán un total de 10 traballadores, responde ó convenio interadministrativo suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Celanova para a prevención dos incendios forestais durante o ano 2019, un acordo cofinanciado parcialmente cos fondos europeos Feader para o desenvolvemento rural.

Te puede interesar