Celanova

Comezan as xornadas de Medio Ambiente en A Bola

xornadas_a_bola_result
photo_camera Un momento da intervención de Alfonso González nas xornadas celebradas o ano pasado.

O xerente do Inorde analizará os servizos desta institucion ó sector primario

A Casa do Concello de A Bola acollerá esta tarde a inauguración da terceira edición das Xornadas de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, que organiza o Concello, coa colaboración da Deputación Provincial. O acto inaugural terá lugar ás 16,30 horas e de seguido o director xerente do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde),  José Manuel Rodríguez, abordará a primeira ponencia das xornadas, na que explicará  os "Servizos do  Inorde ao sector primario ourensán".
De seguido, a partir das 17,30 horas, Pablo Hermo Oliveira, técnico forestal da Consellería de Medio Rural, analizará as "Axudas da Administración ás agrupacións de propietarios de terras". Pechará esta primeira xornada Rubén Garrido, director do IES Cidade de Antioquía de Xinzo, que falará sobre "Aproveitamento de residuos  AVU (aceites vexetais usados".

Na xornada de mañá mércores, día 24, a organización das xornadas programou unha visita a Haifas da Terra, unha empresa de biotecnoloxía especializada en micoloxía aplicada ao medio ambiente e a elaboración de produtos derivados da mesma desde o respecto á ecoloxía. Esta empresa está situada na parroquia de Bora, no concello de Pontevedra.

Xa pola tarde está prevista unha visita ao centro de transformación de biomasa de Trasmiras a ás 18,00 horas procederase á clausura das xornadas.

Te puede interesar